Ha empezado un nuevo curso y queremos enviar un saludo a todos los centros de la red PEA-España con nuestro mejor deseo de que sea un curso académicamente tranquilo pero lleno de actividades e innovaciones propias de nuestra red UNESCO.

Nuestra coordinadora estatal, Rufina Moreno, envía para su publicación las novedades que a lo largo de estas vacaciones de verano, después del encuentro de Córdoba, se han ido produciendo.

Comenzamos con la selección de escuelas del Proyecto Mondialogo. De todas las escuelas del PEA España que han participado en el proyecto, ha sido seleccionado elIES Martín Vázquez Arce de Sigüenza (Guadalajara), escuela asociada para participar en la fase final que tendrá lugar a finales de este mes de septiembre en Beijig (China). Asistirá la profesora responsable del proyecto y un alumno. Para todos nosotros es una buena noticia que una de nuestras escuelas haya obtenido esta gratificación por su trabajo y los felicitamos por este éxito.

......................................

Por su parte, Xavier Prado envió la siguiente noticia (en gallego, pero se entiende muy bien). También es de un premio y desde aquí va nuestra felicitación

Noticia
IES Pedra da Auga de Ponteareas (escola asociada á UNESCO) ven de recibir un Segundo Premio no certame europeo “Eu-Dialogue Award”, apoiado pola Comisión Europea.
Participaron inicialmente neste certame máis de 400 centros educativos de todos os países europeos, que tras diversas fases selectivas resultaron en 10 traballos premiados.
O IES Pedra da Auga, xunto cun Instituto de Italia e outro de Turquía, elaboraron un proxecto denominado EuroPoems, o cal acadou un premio de 1.650 €, e será divulgado no marco do Ano Europeo do Diálogo Intercultural 2008.
O traballo realizado consiste na presentación por parte dos tres centros educativos (que contaron coa colaboración dunha escola UNESCO de Portugal e outra de Alemania) de poemas de diferentes países europeos mediante grabacións en video nas que os alumnos recitan os poemas na língua orixinal ao mesmo tempo que realizan os xestos internacionais das ideas do poema. Os alumnos galegos improvisaron unha Regueifa e presentaron un poema de Rosalía de Castro, entre outros.
O uso dos xestos internacionais foi feito a partir do proxecto YoGoTe, que está actualmente recoñecido pola UNESCO como un dos proxectos emblemáticos para a celebración do Ano Internacional das Línguas 2008, e accesible en Internet nunha web multilingüe (en 17 idiomas de momento): www.yogote.net
Nesta páxina ofrécense na actualidade leccións on-line libres e gratuitas para un achegamento a calquera destas línguas. Na actualidade, no IES Pedra da Auga existen clubes de Ellenika (Grego modern), NiHonGo (Xaponés) e Wolof (língua do Senegal), en colaboración con Clubes de Galego existentes en escolas UNESCO deses países, nun concepto de multilingüismo totalmente novidoso e feito posible grazas ao emprego dos xestos internacionais xunto coas TICs.

Por parte do IES Pedra da Auga presentáronse os seguintes poemas na súa versión orixinal:
-Poema de creación polos alumnos: Regueifa (improvisación por parte de dous alumnos participantes no Certame de Regueifas para centros educativos organizado pola Asociación de Regueifeiros ORAL)
-Poema galego: “Adeus ríos, adeus fontes”, de Rosalía de Castro
-Poema español: “Andaluces de Jaén”, de Miguel Hernández
-Poema portugués: “Mudam-se os tempos”, de Luis de Camões
-Poema francés: “Ne me quitte pas”, de Jacques Brel
-Poema grego : “I Polis (A cidade) ”, de Constantinos Kavafis
Participaron nesta presentación audiovisual dos poemas do IES Pedra da Auga un total de 23 alumnos e alumnas (6 delas da escola colaboradora de Santarém).

O proxecto ten unha clara vocación de continuidade no futuro, e así se indica na propia web, posto que calquera escola que o desexe (de calquera país europeo) pode incorporar un ou varios poemas emblemáticos para a súa língua na versión orixinal e co acompañamento dos xestos internacionais, incrementando deste xeito a riqueza e variedade da oferta poética a disposición do alumnado e profesorado que desexe coñecer unha mostra da poesía europea “en estado puro”.

fotocolectiva_red

Grupo de alumnos participantes